← Volver a Atallos

Información legal

Política de privacidade

En Atallos tratamos só os datos que necesitamos para responderche. Aquí explicamos que datos recollemos, para que, durante canto tempo e que dereitos tes, conforme ao Regulamento (UE) 2016/679 (RGPD) e á Lei Orgánica 3/2018 de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD).

1. Responsable do tratamento

2. Que datos tratamos

Pedímosche que non inclúas na mensaxe datos especialmente protexidos (por exemplo, de saúde) nin datos doutras persoas.

3. Para que os usamos e con que base legal

Non usamos os teus datos para enviarche publicidade nin boletíns, non elaboramos perfís nin tomamos decisións automatizadas, e non os vendemos nin os cedemos.

4. Canto tempo os conservamos

Conservamos as consultas o tempo necesario para respondelas. Se non chegamos a traballar xuntos, gardámolas un máximo de 12 meses desde a última comunicación, por se queres retomar a conversa. Se traballamos xuntos, consérvanse mentres dure a relación e, despois, durante os prazos que esixa a lei (por exemplo, a normativa fiscal).

Os datos técnicos de seguridade consérvanse só o tempo que necesitan os provedores para cumprir esa función.

5. Quen máis accede aos datos

Para que a web e o formulario funcionen contamos cos seguintes provedores, que tratan os datos por conta de Atallos e só para prestar o seu servizo:

Algúns destes provedores teñen sede nos Estados Unidos. Nese caso, as transferencias internacionais fanse con garantías adecuadas, como o Marco de Privacidade de Datos UE-EUA ou as cláusulas contractuais tipo aprobadas pola Comisión Europea.

Fóra destes casos, só comunicaremos datos a terceiros cando o esixa unha obriga legal.

6. Os teus dereitos

Podes exercer en calquera momento os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación do tratamento e portabilidade escribindo a ola@atallos.com. Indica que dereito queres exercer e, se fai falta para comprobar a túa identidade, pedirémosche algún dato adicional.

Se consideras que non tratamos correctamente os teus datos, podes presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (aepd.es).

7. Seguridade

Aplicamos medidas técnicas e organizativas razoables para protexer os datos: conexión cifrada (HTTPS), acceso restrinxido ás mensaxes e provedores que cumpren a normativa de protección de datos.

8. Cambios nesta política

Se cambiamos a forma de tratar os datos, actualizaremos esta páxina e a data de última actualización.